Xogo de pistas interactivo sobre o Samaín

Centro: IES de Mos, Mos (Pontevedra)
Curso: 2023-2024

Neste mes moitos centros festexan o tradicional Samaín, e para irmos sabendo máis da súa orixe e costumes, podemos botar man deste estupendo xogo de pistas interactivo que comparte con nós o EDLG do IES de Mos. Xira arredor da historia dunha pantasma da Santa Compaña que está condenada a vagar por unha casa enfeitizada. Para axudala, o alumnado deberá superar unha serie de probas atopando antes as pistas no “caderno de lembranzas” do espectro.