Historias secretas de Pontedeume (roteiro)

Centro: IES Breamo, Pontedeume (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Roteiro literario organizado polo alumnado de Oratoria de 3º de ESO para dar a coñecer as lendas de Pontedeume e descubrir a súa literatura de tradición oral, a través dos espazos máis emblemáticos desta contorna (o río Eume, a ponte de pedra, a ponte de ferro, o castelo de Andrade ou o Torreón). Son "historias secretas" de seres máxicos como as tres donas, a serea das Mirandas ou o lendario Roxín Roxal, que se transmitiron ao longo de moitas xeracións e que agora nos contarán as rapazas e os rapaces do IES Breamo.

As visitas iniciaranse no 2º trimestre e terán unha duración aproximada de 60 minutos. Realizaranse os luns e os martes a partir das 11.30 h, e os xoves dende as 12.30 h. Para reservar a data deberase enviar un correo electrónico a: contaxiatedelingua@gmail.com. Admítese un máximo de 30 persoas, pero o máis recomendable serían grupos de 20.

Documentos relacionados