Aquí tamén se fala

Centro: IES Rafael Dieste, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Logo do éxito acadado polo Proxecto ATSF nos anos anteriores, o IES Rafael Dieste da Coruña continúa a desenvolver a súa proposta dinamizadora entre a mocidade galega. Entre as actividades realizadas este curso están as visitas á Radio CUAF FM e ao CEIP Sagrada Familia, as gravacións con artistas como Amancio Prada e Fillas de Cassandra ou os saúdos do futbolista Marcos Neves, o humorista Champimuros e a escritora Yolanda Castaño. Mención á parte merece a curtametraxe Non me veredes triste, unha sentida homenaxe ao escritor que lle dá nome ao centro, Rafael Dieste.