Alcumes de Padrenda

Centro: CPI de Padrenda-Crespos (Ourense)
Curso: 2024-2025

Para celebrar o Día da Lingua Materna, o alumnado de Padrenda recolleu unha morea de alcumes en cadansúa aldea, barrio ou casal. Desde Coucieiro, A Frieira, Vilar, Lordelo... Tamén en Cortegada ou en Crecente.

Encontraron así aldeallos como María dos Carallos, Catroportas ou o Setecús..., case todos os currunchos das parroquias de Padrenda quedaron representados a través dos sobrenomes das súas veciñas e veciños.

Despois, con todos os nomes recollidos fixeron un mural na entrada do centro para lle render unha homenaxe á lingua e á contorna.

Enlaces relacionados