Disneyland D´eiquí

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2024-2025

Velaquí unha das coreografías que aparecen no sexto musical integramente en lingua galega, dos nove que levan xa no seu repertorio, e que acaba de estrear o IES Taboada Chivite.

Neste número, “Un xenio tan xenial”, Aladdin escoita ao seu novo amigo e servo, o Xenio da lámpada marabillosa, e descobre o enorme abano de posibilidades que se abren ante el. Por fin poderá facer realidade tres dos seus soños...

O alumnado de orquestra do CMUS de Ourense, a cargo de Raquel Carrera, colaborou facendo o acompañamento instrumental do vídeo.

Enlaces relacionados