Lela (canción)

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Fermosa versión de cantiga dos boticarios, Lela, interpretada o día da súa graduación por dúas alumnas: Cristina Pena Macho (canto) e Lara Solsona Santás (piano), a petición da profesora de Lingua Galega e Literatura, Teresa Pastor Novo, e coa colaboración do docente de Música Faustino Porras Robles (frauta barroca e guitarra), autor tamén dos arranxos. Unha iniciativa máis do EDLG deste centro para homenaxear a Castelao no 75º aniversario do seu pasamento e lembrar a un dos fitos da dramaturxia galega do século XX, Os vellos non deben de namorarse.

Enlaces relacionados