A relatividade

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)
Curso: 2025-2026

O pasado 10 de decembro, na Secretaría Xeral da Lingua (SXL), outorgáronse os premios aos mellores audiovisuais presentados ao Concurso Galego de Vídeos Científicos, promovido por Igaciencia co apoio da SXL, para fomentar o uso do galego no eido da ciencia.

Entre os traballos galardoados está a curtametraxe realizada por un grupo de estudantes de Física de 2º de bacharelato do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña. Parabéns ao alumnado participante e ao profesorado responsable da actividade!

Enlaces relacionados