Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Centro: Secretaría Xeral de Cultura
Curso: 2015 - 2016
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

A Secretaría Xeral de Cultura celebra en novembro o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Durante todo o mes de Santos terán lugar actividades nas bibliotecas galegas que terán como denominador común a divulgación científica na nosa lingua.

O  manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico.