Contra os elementos

Contra os elementos
Contra os elementos

Este documental pretende visualizar o deporte feminino amosando a realidade das deportistas galegas, apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres, en igualdade de oportunidades, e rachar estereotipos de xénero impostos na sociedade.
É un proxecto da Deputación da Coruña que terá continuación cunha serie de vídeo fórums para poñer a luz sobre a presenza das mulleres no mundo do deporte (unha participación que non ten o mesmo eco que cando os protagonistas son os homes). Desde os centros de ensino podemos traballar coordinadamente na mesma dirección.

Enlaces relacionados