XXI convivencia de educación infantil Cholo e Nela polo Medio

Centro: Centros de ensino das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives e Viana, xunto co CRA de Cubillos del Sil (León)
Curso: 2017-2018
María Victoria Moreno en lingua de signosImaxe da XXI convivencia
María Victoria Moreno en lingua de signosImaxe da XXI convivencia

Arredor de 700 nenos e nenas, 300 pais e nais e uns 100 mestres e mestras gozarán da XXI Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela polo Medio o día 31 de maio no CEIP de Manzaneda.

Os centros participantes este ano son o CEIP Julio Gurriarán Canalejas, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, o CEIP Ramón Otero Pedrayo, o CEIP O Bolo, o CEIP de Casaio, o CPI Tomás Terrón Mendaña, o CEIP de Manzaneda, o CEIP Manuel Bermúdez Couso de Pobra de Trives, o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, o CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, o CEIP Manuel Respino da Rúa, o Colexio Pablo VI da Rúa, o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso, o CEIP Eduardo Avila Bustillo da Veiga e, este ano por primeira vez, o CRA de Cubillos del Sil (León), en representación do Bierzo.

A Convivencia é a síntese dun traballo previo desenvolvido nas aulas, coa participación dos pais e nais nas titorías. Este ano o centro de interese (que dinamiza toda a actividade a través dunha unidade didáctica deseñada polo profesorado de educación infantil) é o coidado, o valor e o respecto polo medio que nos rodea.

Nesta xuntanza de carácter festivo que xa vai pola XXI edición e na que participa a comunidade educativa de boa parte de Ourense e do Bierzo realizaranse exhibicións, xogos populares e de psicomotricidade, sesións de contos e obradoiros e un gran concerto final, coa finalidade de establecer relacións sociais baseadas no respecto, sempre co galego como lingua vehicular.

Enlaces relacionados