Contar coa lingua de signos

Centro: CEIP Mestres Goldar, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no CEIP Mestres Goldar quixeron poñer en valor, nesta ocasión, os beneficios que nos pode achegar o coñecemento e emprego da lingua de signos nas aulas, tal e como expoñen nesta presentación dixital. Tamén podemos ver a sorte que tiveron no centro de contar cunha nai experta en LS, que lle signou un conto á cativada.

Enlaces relacionados