Desafío 72 h

Centro: IES Rego da Trabe, Culleredo (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Desafío 72 h é unha iniciativa organizada polo EDLG do IES Rego da Trabe de Culleredo para promover entre a súa comunidade educativa o desafío de falar en galego durante tres días. Establécense tres graos de implicación en función do nivel de compromiso (só no instituto, no instituto e no fogar e en todos os contextos da vida cotiá). As persoas que se decidan a participar neste reto asinan un contrato lingüístico que acredita a súa participación.

Enlaces relacionados