I Premio María Xosé Rodríguez Valcárcel

Centro: EPAPU Albeiros (Lugo)
Curso: 2024-2025

O Centro Público de Educación Permanente de Adultos Albeiros de Lugo celebrou o venres 20 de xuño o remate do curso escolar coa entrega do I Premio María Xosé Rodríguez Valcárcel á Asociación Ponte… nas ondas!, un galardón promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua e que tenta renderlle homenaxe á que fora directora deste centro. Segundo recordou a actual responsable, Amalia Vázquez, PNO! representa o espírito de tender pontes que María Xosé Rodríguez Valcárcel defendía e reivindicaba, e é por este motivo polo que o centro considerou a asociación merecedora de iniciar a andaina deste novo premio.

Enlaces relacionados