16º Concurso de Felicitacións de Ano Novo

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025

No marco do proxecto O galego fainos fortes, o EDLG do IES San Clemente convoca unha nova edición do Concurso de Felicitacións de Ano Novo, no que pode participar o alumnado de todos os institutos galegos. Unha excelente oportunidade para que todas as rapazas e os rapaces que gusten de debuxar, deseñar ou simplemente queiran desexar un bo 2026 poidan mostrar a súa creatividade artística e o seu amor pola nosa lingua.

O prazo para enviar as propostas remata o 9 de decembro.

Enlaces relacionados