A edición do día 2 de xaneiro de 2014 deste espazo de información cultural da Radio Galega estivo dedicada integramente a Díaz Castro.
Blog do crítico e estudoso da obra de Díaz Castro, Armando Requeixo. Nel atopamos múltiples referencias e recensións da obra do autor homenaxeado neste ano
Presentación do documental sobre a vida do escritor Díaz Castro. Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Domínguez.
O EDLG do CEIP García Barbón achéganos dúas novidosas iniciativas para podermos traballar a figura do homenaxeado. Por unha banda, preséntannos o Brincaletras, xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor; e pola outra, unha curta de animación co poeta como protagonista.
Dende o IES San Paio de Tui, chéganos esta orixinal liña do tempo interactiva que nos permitirá visualizar e obter información dos fitos máis relevantes da biografía do autor guitiricense.
O telexornal que cada curso o CPI Dos Dices adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.
Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, elaborou esta excelente presentación que, a través de fotografías e outras ilustracións, vai facendo un percorrido polos momentos máis representativos da biografía de Díaz Castro
Xesteira, a revista en liña do EDLG contén unha ampla selección de actividades sobre Díaz Castro. Inclúe materias moi variados, dende un estudo divulgativo cunha antoloxía de textos traducidos a varias linguas a unha análise de Lois Diéguez do poema Penélope.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Televisión de Galicia contribúen á difusión pública da obra de Xosé María Díaz Castro con dúas pezas audiovisuais realizadas a partir dos versos do escritor.
Aquí tedes unha nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, que non paran. Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir.