Temos dispoñibles para consulta 4.489 contidos
Blog de dinamización do IES Fermín Bouza Brey con iniciativas de Xosé María Díaz Castro
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

O EDLG do IES Fermín Bouza Brey preséntanos un novo blog que contén diferentes iniciativas sobre o autor das Letras. Aquí destacamos os audiovisuais nos que o alumnado interpreta o poema Penélope e o photocall.

Letras Galegas 2014. Entrevistas para coñecermos a Díaz Castro
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

Audiovisual no que dúas alumnas do CEIP Vilaverde entrevistan por aulas os demais compañeiros do centro comprobando os coñecementos do autor homenaxeado. Botádelle unha ollada e xa veredes cantas cousas saben sobre Díaz Castro!

Penélope
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

Audiovisual elaborado conxuntamente polos EDLG destes IES pontevedreses como resultado final dunha exposición de traducións do poema Penélope a diferentes linguas coa que pretenden homenaxear a Díaz Castro. Como nota significativa, as traducións dos textos están feitas ou conseguidas polo alumnado de ambos centros.

Recompilación de webs e noticias sobre Díaz Castro
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

O EDLG do IES de Teis de Vigo ofrécenos unha interesante recompilación de noticias de diferentes xornais, así como webs de interese sobre o homenaxeado das Letras Galegas este ano.

Esmeralda
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

O CEIP Juan Fernández Latorre homenaxea a Xosé María Díaz Castro coa interpretación da alumna Icía Diza dun dos seus poemas máis coñecidos: Esmeralda. A música é de Antonio Mandiá e os arranxos de Francisco Manteiga. Inclúese tamén a partitura.

Penélope
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

Pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.

Calendario Letras Galegas
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

Dende a comarca da Limia en Ourense, chéganos un práctico marcapáxinas dedicado a Xosé Mª Díaz Castro.

Biografía
17/05/2014 09:49 | Biografía
Letras galegas 2014. Recursos xerais
17/05/2014 09:49 | Outros recursos e iniciativas
Letras Galegas no mundo
17/05/2014 09:49 | Outros recursos e iniciativas