O IES Poeta Díaz Castro ofrécenos este pequeno espazo para anotacións de todo o que nos vaia acontecendo no ano da homenaxe ao seu veciño. Desexan que as pequenas achegas que acompañan estas páxinas nos animen a aproximarnos á figura do homenaxeado
Aproximación á figura de Díaz Castro seguindo a mecánica deste popular xogo televisivo. Realizado polo CEIP A Ponte de Lugo
Páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro dende xa hai tempo. Música, axenda, karaoke, documental...
Atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do instituto. Esta iniciativa forma parte de A LUS DO MUNDO, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares.
O EDLG do CEIP A Ponte de Lugo rétanos a xogar con eles. Mirade se sabedes dabondo sobre a vida e a obra de Díaz Castro para acadar a máxima puntuación
Test sobre Díaz Castro: o CEIP A Ponte fainos esta proposta tan dinámica e atractiva para poñer a proba os nosos coñecementos sobre a vida e a obra de Díaz Castro.
A lus do mundo: un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os rapaces do IES de Guitiriz redescobren o seu poeta, Xosé María Díaz Castro e nos amosan a súa poesía mesmo coa música.
Presentación do documental e dos actos do Centenario Díaz Castro na RAG.
O EDLG deste CEIP pontevedrés achéganos tres presentacións en formato power point sobre o autor das LG adaptadas a diferentes niveis académicos
Este calendario de peto, agasallo de Nadal para as familias do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos