Con estes vídeos, inspirados en dous dos poemas máis coñecidos de Nimbos: Esmeralda e Ai! Capitán, o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol homenaxea o poeta Xosé María Díaz Castro. Os dous gravados por Xoán e Xoaniña Producións.
Esta é unha película inspirada na vida de Xosé María Díaz Castro e realizada nun obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, implicándose na súa produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ao mundo o 17 de maio de 2014.
Vídeo recopilatorio do proxecto "Mensaxeiros Nimbos" que forma parte das actividades feitas no CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz por mor do Día das Letras Galegas 2014. Ao final incorporan unha pequena sorpresa da man de Fuxan os ventos.
Nestes podcasts, gravados no obradoiro de radio do CPI Virxe da Cela de Monfero, o alumnado de 5º e 6º de EP e de 3º e 4º da ESO vai analizando pormenorizadamente as distintas facetas da vida e da obra de Xosé María Díaz Castro.