Tenemos disponibles para consulta 133 contenidos
I Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
24/03/2022 08:00 Premios y certámenes

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a primeira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas
03/03/2022 09:00 Premios y certámenes

No mes de maio de 2020, a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 fixo que o Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas acordase o adiamento da XII edición do Proxecto Didáctico que se ía desenvolver no bienio 2020-2021. Controlada a pandemia, e á luz dos novos protocolos aprobados polas autoridades para as actividades educativas e culturais, o Padroado da Fundación aprobou por unanimidade na xuntanza celebrada o pasado mes de decembro, convocar a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas no bienio 2022-2023 co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela
28/02/2022 17:10 Premios y certámenes

O Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro, convoca este certame coa finalidade de promover a escrita literaria en lingua galega e divulgar os seus autores e autoras.

Premios aRi[t]mar 2022
24/02/2022 16:20 Premios y certámenes

aRi[t]mar é un proxecto da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.

#Estiquecantas
18/02/2022 08:20 Premios y certámenes

Rebordelos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,a Casa de Rosalía e a Deputación da Coruña, convoca o concurso #Estiquecantas para promover a creación de vídeos breves nas redes sociais inspirados na obra en galego de Rosalía de Castro.

Resolución do Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato
15/02/2022 12:30 Premios y certámenes

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2021-2022 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

PLAZO: 15 de xaneiro de 2022
Lingua de Namorar 2022
15/02/2022 11:20 Premios y certámenes

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)
08/02/2022 11:20 Premios y certámenes

O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convoca o XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades).

Concurso Balbino de Relatos
07/02/2022 10:20 Premios y certámenes

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a sétima edición deste certame literario.