Ademais, a exposición estará acompañada dunha serie de conferencias nas que especialistas de cada unha das tres culturas compartirán co público as súas investigacións.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) colabora na presentación dos libros A imagem da Galiza em Porugal, de Carlos Pazos-Justo, e A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca organiza a conferencia "Unha xenealoxía rupturista: tres décadas de poesía galega" a cargo da investigadora da Universidade de Santiago Alba Cid Fernández.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho acolle, en colaboración con Galicia Dixital, a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro. O proxecto promóveno diferentes entidades e institucións -entre as que figura a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- co obxectivo de renderlle tributo ao folclorista, filólogo, filósofo, literato e pensador político que participou na creación da Real Academia Galega e que chegou a ser considerado un dos autores máis senlleiros da literatura galega do s. XX.