O Pati de Lletres da Universidade de Barcelona acollerá unha mostra de libros escritos en galegos por diversos autores.
O venres día 22 de abril, a poeta galega Elvira Ribeiro impartirá no Centro de Estudos Galegos de Cork un seminario titulado "Unha ducia de mulleres galegas", rememorando o libro Unha ducia de galegos", de Víctor Freixanes, no que non se mencionaba a ningunha
muller.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas, organiza na Biblioteca de Lletres unha mostra sobre Manuel María e a poesía social que tanto cultivou nas décadas dos 60 e 70.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza unha conferencia en que se presentará o proxecto de película documental Sitio distinto. Unha historia entre dous pobos. O relatorio será impartido por Davide Cabaleiro, director e produtor do proxecto.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura, co gallo das Letras Galegas 2016, expoñerá na Facultade de Filosofía e Letras os carteis da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e a obra do cantor da Terra Chá.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016, o Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Nova de Lisboa organiza no Centro Galego de Lisboa a conferencia "Voltar a Portugal: dourada luz que ilumina", de Mercedes Queixas Zas, que se centrará nas intensas relacións que o poeta chairego tivo con Portugal e a súa cultura dende a década de 1960.
O Pati de Lletres da Universidade de Barcelona (UB) acolle unha mostra de libros escritos en galego organizada polo Centro de Estudos Galegos.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas, organiza na Biblioteca de Lletres unha mostra sobre Manuel María e a poesía social que tanto cultivou nas décadas dos 60 e 70.