XV aniversario do CEG de Padua
O Centro de Estudos Galegos de Padua, en Italia, celebra o seu XV aniversario co seminario internacional "Cousas de Padua".
A celebración incluirá un acto institucional, conferencias sobre literatura galega, mesas redondas con presentación de experiencias e un recital poético-musical.
Co mesmo acto, o Centro de Estudos Galegos de Padua celebra as Letras Galegas.
Día: 9 de maio Hora: 9:30 h - 19:00 h Lugar: Universidade de Padua (Italia). Archivio Antico do Palazzo Bo