O arame
O Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford coproduce e estrea no Reino Unido a ópera O arame, con música de Juan Durán e texto de Manuel Lorenzo.
O arame será cantada en galego con subtítulos en inglés proxectados sobre a escena.
Lugar: Oxford (Reino Unido). Grove Auditorium, Magdalen College
Día: 10 de xuño de 2017
Hora: 19:30 h