Volver

Lusofonía

O galego conéctanos cunha comunidade de case 260 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas as linguas é posible sen necesidade de mediación. O portugués é a lingua dde traballo de vinte organizacións internacionais, incluída a Unión Europea, así como a lingua oficial de 11 estados. Por esta razón, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, máis coñecida como Lei Valentín Paz Andrade. Ao abeiro desta disposición legal, ao longo dos últimos anos, a Xunta de Galicia puxo en marcha diferentes iniciativas, fundamentalmente nos ámbitos económico (para as empresas galegas), educativo (ensino do portugués) e cultural.