AULA DE GALEGO. MANUAL DO ALUMNADO
Unidade 1. De deseño
Nesta unidade imos deseñar un obxecto que solucione un problema da vida cotiá.
Para iso, imos repasar e aprender:
- a describir as características e o funcionamento de algo
- a opinar sobre obxectos
- os superlativos en -ísimo/a/os/as
- algúns modificadores do adxectivo: excesivamente, demasiado...
- as frases exclamativas: que...!, que... tan/máis...!
- as frases relativas con preposición
- a voz pasiva
- algúns participios irregulares
- empregos do indicativo e do subxuntivo en frases relativas