Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 2. Temos que falar

Remita os seus alumnos á fotografía da portadiña

Pregúntelles: Que relación credes que hai entre estas dúas persoas? Cabe esperar respostas como: son irmáns, son unha parella de namorados, trátase de dous amigos…

Interésese logo por saber que tipo de situación cren que reflicte a imaxe (a rapaza quere darlle algunha noticia ao rapaz, están tendo unha discusión, o rapaz estalle facendo unha proposta á rapaza…). A continuación, lea en voz alta o título da unidade e pregúntelle á clase: Quen credes que dixo esta frase, o rapaz ou a rapaza? Por que?

Por último, preséntelles os obxectivos e a tarefa final da unidade: simular unha discusión de parella.