AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO
Unidade 3. Misterios e enigmas
Centre a atención dos seus alumnos na imaxe da portadiña
Pregúntelles: Que credes que significa? Como a describides? Que pode representar? Escoite os seus comentarios e hipóteses e acepte todo que teña que ver con cousas estrañas ou para as que non hai unha explicación ou unha resposta moi convincente. Se en ningún momento mencionan as palabras que lle dan título á unidade, sináleas vostede e pídalles que, en parellas, escriban unha definición que lles valla ás dúas.
Realice logo unha posta en común e, por último, preséntelles os contidos da unidade e a tarefa final: organizar un debate entre esotéricos e científicos.