AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO
Unidade 4. Boas novas
Interésese por saber como adoitan acceder á información de actualidade os seus alumnos, facéndolles as seguintes pregunta: Vedes as novas na televisión? escoitades a radio? Comprades xornais? Ledes algún xornal dixital?
A continuación, pídalles que se fixen na fotografía da portadiña e pregúntelles se coñecen o xornal que está lendo o rapaz (Xornal de Galicia) ou algún outro dos que se editan en Galicia. Se lle parece ben, pode preguntarlles tamén se saben algo da nova que aparece na imaxe: o primeiro transplante de cara, mandíbula e lingua no mundo, realizado por un cirurxián valenciano. De todos os modos, se non o considera relevante, pode optar por iniciar un remuíño de ideas acerca das noticias importantes da xornada.
Dígalles que nesta unidade se van familiarizar cos textos xornalísticos e que, como tarefa final, redactarán unha nova.