AULA DE GALEGO. MANUAL DO ALUMNADO
Unidade 4. A vida é puro teatro
Nesta unidade imos escribir unha escena para unha obra de teatro.
Para iso, imos aprender:
- marcadores e construcións temporais: mentres, mentres tanto, ao + infi nitivo
- algunhas perífrases verbais: volver + infi nitivo, seguir + xerundio...
- a describir accións con adxectivos, xerundios e adverbios
- verbos pronominais
- a describir os movementos e a situación de persoas e cousas
- a describir estados de ánimo
- a falar da postura corporal
- algúns usos de pór/poñer, botar e quedar
- vocabulario do ámbito do teatro e de actividades cotiás