AULA DE GALEGO. MANUAL DO ALUMNADO
Unidade 5. Dixeches que o farías
Nesta unidade imos reclamar por algo co que non estamos de acordo
Para iso, imos aprender:
- algunhas partículas temporais: ata que, cando, tan pronto como + presente/imperfecto/futuro de subxuntivo
- usos de se e dos pronomes me/ che/lle... para expresar a involuntariedade
- a aludir a promesas en estilo indirecto
- a reclamar o cumprimento dun compromiso
- a formar palabras: adxectivos con prefixos, sufixos e compostos
- vocabulario do ámbito dos medios de comunicación