AULA DE GALEGO. MANUAL DO ALUMNADO
Unidade 8. Vivir para traballar
Nesta unidade imos escribir unha páxina de presentación para a web dunha empresa.
Para iso, imos aprender:
- a establecer distintas relacións no enunciado: oracións concesivas, causais, modais, fi nais e consecutivas
- casos do obxecto directo coa preposición a
- a darlle coherencia e cohesión a un texto
- a describir unha empresa
- a falar dun traballo: calidades, funcións, problemas e sentimentos
- algunhas das características dos textos escritos formais
- vocabulario do ámbito do traballo e dos sentimentos