Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 2. E ti, que opinas?

Móstrelles a imaxe aos seus alumnos e pregúntelles se recoñecen este lugar (Illa de Toralla - Vigo)

Escoite o que poidan dicir sobre ela e, se é necesario, infórmeos de que se trata dun importante destino turístico de Galicia. Pregúntelles se lles gustan os lugares moi turísticos ou se prefiren os máis tranquilos, e se escollerían un lugar como ese para pasar as vacacións. Logo, centre a atención dos alumnos na cuestión urbanística e pregúntelles a súa opinión sobre a construción masiva nas zonas costeiras.

Finalmente, informe os estudantes dos contidos da unidade e da tarefa final: levar a cabo unha asemblea popular.