Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 3. Valorarase a experiencia

Móstrelles a foto da páxina 33 aos seus alumnos e pregúntelles onde cren que está a persoa e que está a facer

Acepte todas as respostas xustificadas, aínda que probablemente algúns xa farán referencia ao ámbito laboral (está buscando nun xornal os anuncios de traballo). Mostre interese pola experiencia dos seus alumnos neste tipo de situación.

Despois de recoller as súas suxestións, remítaos ao título da unidade e pregúntelles que significa e onde se pode atopar esta expresión (nun anuncio de traballo).

Finalmente, preséntelles os obxectivos da unidade e a tarefa final: establecer as condicións dunha convocatoria.