Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 4. A vida é puro teatro

Pídalles aos seus alumnos que observen a fotografía da portadiña e pregúntelles: Quen son estas persoas? En que lugar están? Que están facendo neste momento? Gústavos o teatro?

A continuación, pídalles que escriban, en dous ou tres minutos, todo o léxico que coñezan relacionado co teatro. Anímeos a escribiren non só o vocabulario relativo ás profesións do mundo da escena (actor, director…), senón tamén os elementos físicos (escenario, pano…) e todo o que asocien con ese mundo. Logo, faga unha posta en común.

Para rematar, preséntelles os contidos da unidade e a tarefa final: escribir unha escena teatral.