Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 6. Lugares con encanto

Remita os seus alumnos ao título da unidade e pídalles que describan un lugar con encanto (se é necesario, explíquelles o significado de ter encanto). Apunte no encerado as súas respostas e centre a súa atención na fotografía (trátase do porto de Fisterra)

Anímeos a que conversen cun compañeiro sobre as seguintes cuestións: Credes que este lugar ten encanto? Por que? Podes sinalar un lugar que teña encanto para ti? Deixe que falen uns minutos e, logo, faga unha posta en común.

Para rematar, presente os obxectivos da unidade e a tarefa final: escribir un texto poético sobre a cidade onde estudan galego.