Volver

Os Axóuxeres na TVG

Programa de dinamización lingüística orientado á transmisión interxeracional do galego Os Axóuxeres incluíu unha serie de televisión que emitiu a Televisión de Galicia e que aínda se pode ver no seu web.

  • Os Axóuxeres na TVG

    Os Axóuxeres na TVG

No programa televisivo Os Axóuxeres unha divertida familia de xoguete enreda cos nenos para que o pasen moi ben e, asemade, vaian aprendendo a falar.

Cada capítulo, de 9 minutos de duración, consta dun segmento dirixido preferentemente a bebés de 0 a 3 anos e doutro pensado fundamentalmente para nenos de 3 a 6. Iso si, velo en familia, con papá e mamá, facilita a repetición das cancións e dos xogos e daranos ideas para fomentar, unha vez apagada a televisión, a creatividade dos cativos en galego.