Volver

Concurso de vídeos científicos e novos poliedros

Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), CPI Plurilingüe Cabo da Area, Laxe (A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), CPI Plurilingüe Virxe do Monte, Cospeito (Lugo), CPI Plurilingüe de Castroverde (Lugo)
Curso: 2025-2026

O pasado día 10 de decembro desenvolveuse o acto de entrega de premios do concurso de vídeos científicos e novos poliedros promovido por Igaciencia e apoiado pola Secretaría Xeral da Lingua no pazo de San Roque.

O concurso está dirixido aos centros de ensino non universitario e busca abordar calquera tema científico que sexa recollido nun vídeo elaborado polo alumnado, coa axuda do profesorado, no que se visualice un experimento coa correspondente explicación en lingua galega. No caso dos novos poliedros, os vídeos deben recoller a súa construción e os posibles problemas que xurdan. Estes son os vídeos gañadores:

Novos poliedros:

-- Estróbilo, do IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña).

-- Foguete, do CPI Plurilingüe Cabo da Area, Laxe (A Coruña).

 

Vídeos científicos:

-- A relatividade, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña).

-- O efecto invernadoiro, do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, Cospeito (Lugo).

-- Somos materia de estrelas, do CPI Plurilingüe de Castroverde (Lugo).

 

Entrega de premios: https://youtu.be/MpzWLQ-YFKc?si=F6THjdao8aOuSu8d