LETRAS GALEGAS 2013
Letras galegas 2013. Material divulgativo
A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
- Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria, “Autor, actor e público do aquí”, elaborados polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.
- Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.