iBreviary
A aplicación iBreviary, destinada a poñer a disposición de teléfonos e tabletas Android a oración católica tradicional do Breviario e todos os textos da Liturxia, incorpora a lingua galega.
Os textos dispoñibles son os seguintes:
- Diurnal (con Laudes, Hora Intermedia, Vésperas, Completas e Comúns dos Santos)
- Misal
- Ordinario da misa, Prefacios, Pregarias eucarísticas e Comúns dos Santos
- Lecturas de todos os días do ano litúrxico
- Oracións varias
- Rituais de
- Bautismo
- Matrimonio
- Unción de enfermos
- Comuñón
Para dispoñer destes textos en galego cómpre seguir estes pasos:
1.- Abrir Play Store (ou aplicación correspondente de iphone)
2.- Buscar IBreviary
3.- Instalar
4.- Abrir IBreviary
5.-No ángulo superior dereito abrir calquera dos dous símbolos
6.- Seleccionar galego e descargar o día ou a semana
7.- Premer no día correspondente
8.- No ángulo superior esquerdo premer nas 3 liñas para presentar os 5 apartados das opcións.
9.- Aínda que, provisionalmente, algúns títulos veñen en italiano, o contido está en galego.