Volver

Homenaxe a Hugo Domínguez Silva. Ex lector da Cátedra de Galego da Universidade de São Paulo falecido o 25 de decembro de 2024

Este libro está dedicado a Hugo Domínguez Silva. Hugo partiu precozmente e deixou no capítulo que escribiu para esta obra lembranza da súa historia de vida moza. Interesado polas linguas románicas, graduouse en Letras -Galego e Portugués na Universidade de Vigo e continuou os seus estudos na Universidade Fabio de Olavide. Tamén se graduou en lingua italiana na Università degli Studi di Napoli L'Orientale. Ao termo dos seus estudos foi profesor lector de lingua e cultura galega na Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo (FFLCH-USP). Nesta época colaborou na organización da exposición Afonso X e Galícia, realizada na Biblioteca Florestan Fernandes (FFLCH-USP). Do Colóquio que a acompañou resultou a produción desta obra.

No capítulo de súa autoría, aquí publicado, Hugo demostra o seu interese polos aspectos morfolóxicos da lingua, observa as súas alteracións derivacionais e compara o estudo do vocabulario do galego contemporáneo e do portugués.

Foi moi querido polos alumnos e colegas do curso de Letras da USP no breve período en que pasou por alí. As súas clases memorables, a dicir dos seus alumnos, indicaban a súa vocación de profesor.