Volver

Reto #unpoemadecarvalho

Centro: IES Ferrol Vello, Ferrol e CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2019/2020

Os centros gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 lanzan un reto aberto: trátase de elixir unha poesía de Ricardo Carvalho Calero, crear un videopoema e publicalo nas redes sociais, cos cancelos #unpoemadecarvalho, #CarvalhoCalero, #LetrasGalegas2020 e #aculturasegue.

Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sortearanse vinte libros de Ricardo Carvalho Calero entre os videopoemas baseados en textos do autor que se publiquen nas redes con estes cancelos nos meses de maio e xuño.