Volver

Contos vivos

Centro: CEIP Balaídos, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Este proxecto do EDLG do CEIP Balaídos consiste na conversión de diferentes contos en xogos interactivos. Así, por exemplo, o mestre Rubén Molinero e o seu alumnado de 3 anos adaptaron O soño do osiño rosa e incluíron actividades con letras, sons, crebacabezas... E, a partir doutros oito títulos, podemos xogar ao aforcado, ás adiviñas, aos pares iguais etc. Sen dúbida, unhas divertidas propostas didácticas!