Resultados da busca

Atopáronse 2 resultados relacionados coa súa busca:

Magosto e concurso de contracapas

Actividade do CEG da Habana. A Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana acolle o 10 de novembro unha actividade no marco do proxecto GALEUSCAT.

O alumnado da Universidade da Habana e público en xeral, pode participar na celebración dunha festa tradicional, que coincide co Samaín galego e o magosto, tamén co gastainerre vasco e a castanyada catalá. Cada territorio explicará a súa tradición específica de festexar esta data e haberá cancións do tempo do inverno así como degustación de produtos típicos desta época do ano (castañada, panellets, kalimotxo, queimada).

Ademais, ten lugar o concurso de contracapas sobre literatura galega, catalá e vasca.


Samaín ou Día de defuntos. Entre tradicións e campañas comerciais

Actividade do CEG de París. Intervención de Ana Luna Alonso (profesora de tradución na Uvigo), na Sorbonne Nouvelle, na clase de Initiation au galicien niveau 1. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro ten elementos en común con outras noites na que en diferentes espazos do mundo as e os defuntos e os espíritos do alén andan de visita. Como se lle debe chamar? Halloween, Samaín, Defuntos ou Noite dos mortos?

Xoves 17 de novembro, 15h30, sala B211, campus Nation


Non hai resultados