Estes días nos que se suceden os magostos tanto nos centros escolares coma fóra deles, o EDLG do CEIP Raquel Camacho comparte con nós unha ampla mostra de recursos didácticos para traballar esta tradición na aula.
Atoparedes recursos moi variados, dende fichas para colorear, cancións, refráns e receitas, ata unha excelente unidade didáctica ou actividades para alumnado con necesidades de apoio educativo.