Resultados da busca

Atopáronse 110 resultados relacionados coa súa busca:

Samaín 2025. Un ollo de vidro

O EDLG do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda comparte con nós esta nova homenaxe a Castelao, o autor da obra Un ollo de vidro, con motivo da celebración do Samaín. As instalacións deste instituto coruñés acollen unha vistosa mostra de carteis sobre as orixes do Samaín, os costumes e tradicións destas datas, así como debuxos dos seres mitolóxicos galegos máis populares.


O Samaín vence o Halloween

Neste podcast da radio Tesmoitalingua, o alumnado de 3º da ESO do CPI As Mirandas de Ares cóntanos como en Galicia o Samaín venceu o Halloween americano. Toda unha reivindicación da identidade galega que nos expón Valentina e Manu co fin de recuperar a maxia das ánimas, os calacús, a Santa Compaña e, en definitiva, a memoria dos nosos antepasados.


Canción da Maruxaina

Nestas datas do Samaín nas escolas trabállase moito a emoción do medo e o CEIP de Viñas quixo achegarnos, a través da música e a linguaxe de signos, a un ser da nosa mitoloxía que dá bastante respecto, sobre todo á xente do mar, a Maruxaina. Mais a ilusión e alegría coa que cantan e signan os nenos e nenas neste traballo colaborativo e inclusivo xa non nos transmite arrepío, senón a fermosura desta lenda galega.


Conxuros do Samaín

Entre as actividades promovidas polo EDLG do CEIP San Isidro co motivo da celebración do Samaín está a elaboración de conxuros, para que cada aula deste centro de Neda estea protexida de meigas e meigallos durante todo o curso. Neste vistoso Chroma podemos escoitar os esconxuros gravados polo alumnado de cada curso, dende infantil ata 4º de EP.


Audios de historias arrepiantes

As nenas e nenos de distintos cursos do CEIP Igrexa-Candeán, para conmemorar o Samaín, escribiron historias de medo e, ademais, déronlles vida coas súas voces... Fixérono tan ben que escoitalas nestes audios fainos tremer de medo!


O Samaín achégase...

O desenvolvemento do proxecto Tradicións unindo xeracións levou o EDLG e o EB do CEIP Xesús San Luís Romero a organizar unha investigación sobre varios personaxes da mitoloxía galega que dan medo: o Gatipedro, a bruxa dos dentes verdes, o Tardo e a tía Xoana.

Velaquí o resultado do traballo e o relato colectivo escrito posteriormente.


Libro dixital de relatos de terror

Velaquí os arrepiantes textos premiados no I Concurso de Relatos de Terror do Samaín, organizado pola biblioteca e o EDLG do IES Ramón María Aller Ulloa, plasmados nun libro dixital que tamén terá o seu correspondente en papel.


Conxuros arrepiantes!

Os alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo argallaron uns enxeñosos conxuros para celebrar a semana do Samaín. Arrepiantes!


Varrendo os medos

O CEIP A Maía de Ames convértese neste tempo de Samaín nun auténtico refuxio no que as bruxas boas varren coas súas fermosas vasoiras todo aquilo que lles dá medo ás nenas e aos nenos deste centro. Velaquí a programación das actividades organizadas polo EDLG para celebrar esta data con todos os membros da comunidade educativa, incluídas as familias.


Conxuros e apócemas

O Ramo Producións preséntanos estas divertidas apócemas e conxuros que preparan as nenas e os nenos do CEIP Plurilingüe O Ramo de Fene para espantar os malos espíritos e festexar a tradición do Samaín.