Resultados da busca

Temos dispoñibles para consulta 1 resultados relacionados con "2026 - Begoña Caamaño"
2026 - Begoña Caamaño
27/01/2026

Begoña Caamaño

No barrio vigués do Calvario nace no ano 1964 Begoña Caamaño Rascado, unha nena curiosa, rebelde e vivaz que medra nun ambiente de xogos e lecturas, de lama e asfalto, de campos e hortas nos que desenvolve as primeiras experiencias de vida que a van marcar na maneira de ver o mundo e de entendelo.