Do 08/10 ao 08/10 do 2022

Cadernos de cores e cancións

Espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal

Comeza: 08/10/22 | 18:00

Onde: Museo do Mar de Galicia | Vigo | Pontevedra

Volver

“Cadernos de cores e cancións” é un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

  • Concerto
  • S.X. de Política Lingüística