IX Alguén que respira! Festival de Poesía para o Corpo Principal
Comeza: 18/03/26 | 11:00 | Remata: 21/03/26 | 23:00
Onde: Teatro Principal | Santiago de Compostela | A Coruña
A Secretaría Xeral da Lingua colabora co Concello de Santiago de Compostela na novena edición do ‘Alguén que Respira!’ Festival de Poesía para Corpo Principal, unha cita que reunirá en Compostela poetas, artistas, pensadoras e pensadores do 18 ao 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, nun ambicioso programa de recitais, conversas, cinema, ciencia e propostas performáticas arredor da palabra baixo a dirección do poeta, editor e artista multidisciplinario Antón Lopo.
Todas as actividades son de balde, previa retirada anticipada de convites na web de Compostela Cultura ou no despacho de billetes da Zona C, así como do despacho de billetes do Teatro Principal desde unha hora antes do comezo de cada evento. A información completa pode consultarse na web do festival.
- Espectáculo
- Secretaría Xeral da Lingua