Novas

Temos dispoñibles para consulta  859  novas

06/02/2026 01:24

Valentín García felicita os participantes en ‘21 Días co galego e +’ “pola súa implicación e traballo”

O secretario xeral da Lingua toma parte no peche da iniciativa no colexio teense dos Tilos, tras o seu comezo o pasado 6 de xaneiro

O programa celebrará o fin de festa cun encontro previsto para finais de febreiro

Na proposta, enfocada en incentivar o uso da lingua entre as xeracións máis novas, involucráronse, de maneira voluntaria, un total de 10 centros escolares

05/02/2026 01:04

A Xunta e Agadea convocan o V Premio de Literatura Infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’

O secretario xeral da Lingua salienta “o papel e forza da literatura para acadar a través do afecto unha conexión interxeracional e coa nosa lingua”

As persoas participantes teñen ata o 1 de xullo para presentar os seus orixinais, que poderán pertencer a calquera xénero propio da literatura infantil

04/02/2026 06:09

Carballo acolle este venres a festa escénica da estrea de 'Territorio Regueifa’, coprodución entre Centro Dramático Galego, Fiot e Ainé

Trátase dun formato participativo que combina teatro de proximidade, improvisación e retranca ata rematar nunha celebración musical colectiva

José L. Prieto está á fronte da dirección escénica e conforman o elenco os regueifeiros Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira

O espectáculo poderá verse tamén o 7 de febreiro en Redondela, o 6 de marzo en Boiro e o 23 de maio en Burela, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios