Novas

Temos dispoñibles para consulta  859  novas

29/12/2025 05:08

A Xunta e Galaxia anuncian a obra ‘A arte de non morrer’ como gañadora do premio Ramón Piñeiro

A convocatoria conxunta entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a editorial distingue propostas de carácter divulgativo

O galardón, que recibe o médico e escritor ourensán Roberto Fernández, está dotado con 3.000€ e coa publicación do libro

Valentín García destaca que se trata “dun recoñecemento de gran relevancia para a nosa lingua e este texto vai ter unha contribución moi útil”

19/12/2025 10:36

A Xunta abre o prazo para inscribir actividades de dinamización cultural no catálogo ‘Ler Conta Moito’

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para que aquelas persoas físicas ou xurídicas incorporen as súas propostas de cara a ser seleccionadas para a programación nas bibliotecas públicas galegas

18/12/2025 06:25

Valentín García destaca os avances da Xunta para “fomentar a presenza do galego nas linguaxes dixitais”

O encontro presenta os últimos resultados da iniciativa posta en marcha polo Goberno autonómico e a universidade compostelá na creación de recursos en lingua galega nas plataformas tecnolóxicas

18/12/2025 02:11

López Campos destaca a aposta polos audiolibros para achegar á cidadanía a obra de figuras como Castelao

O responsable de Cultura celebra a posta en marcha de iniciativas que posibilitan que “ademais de ler as creacións dun dos nosos autores máis recoñecidos, tamén poidamos escoitalas”

Incide nas liñas de axuda do Goberno galego para a produción deste tipo de material no marco das políticas de apoio ao sector do libro

Este ano desde a Consellería de Cultura colaborouse coa creación de 19 proxectos dixitais respondendo ás últimas tendencias de hábitos lectores

17/12/2025 01:53

López Campos celebra a declaración do ‘Ano Oteriano’ en 2026 con motivo do cincuenta aniversario do pasamento do intelectual galeguista

O responsable de Cultura do Goberno galego valora que se lle recoñeza e erixa como “un dos piares do florecemento cultural de Galicia”

Avanza que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organizará unha ampla programación ao redor da vida e obra do considerado ‘Patriarca das Letras Galegas’

Manifesta a “total vontade colaboradora” da Xunta co resto de institucións culturais, educativas e académicas para promover actividades de investigación e difusión